Friday 17 de May de 2024

Máis de 200 persoas ateigaron o polivalente de Brión no IV Concerto de Nadal do alumnado da Escola Municipal de Música Magariños


O auditorio do centro social polivalente de Brión quedou pequeno para albergar aos máis de douscentos veciños e veciñas que asistiron ao IV Concerto de Nadal, organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. Un recital que correu a cargo dos alumnos e alumnas da escola de música, dende os tres anos ata os maiores, que amosaron as súas habilidades nas distintas especialidades que se imparten no centro.

Cun ambiente cheo da cor e cos ritmos propios do Nadal, o alumnado da escola interpretou un repertorio típico destas datas, con moitas panxoliñas e música clásica diante dun público totalmente entregado. Unhas actuacións nas que participaron dende solistas ata formacións corais e instrumentais.